O equipo de dinamización da lingua galega organiza o:
CONCURSO DE SOBREMESAS
- Preparar unha sobremesa na casa que conteña, cando menos un dos seguintes ingredientes: mazás, castañas, figos, noces, cabaza, avelás e outros produtos típicos do outono.
- Para participar é obrigatorio traer a receita escrita en galego.
- Haberá premios para o mellor sabor e para a mellor presentación.