martes, 18 de marzo de 2014

Microrelatos e micropoemas selecciondos para o concurso Terras de Umia


Estes son os microrelatos e micropoemas seleccionados para o VI concurso  convocado pola coordinadora comarcal terras do Umia:

Microrelato:


Penumbras
Pensamentos que me desconcertan ate chegar a un punto onde o que teño como real é confundido co imaxinario. Momentos onde os seres máis monstruosos que consigo crear chegan a facerse tan verdadeiros … Intres nos que o pánico inunda cada recunchiño do meu ser, ata o máis profundo. Sensacións que te fan estremecer e pór a pel de galiña. Os pesadelos terroríficos contra os agarimos dos soños máis doces. Noites onde a loucura me adormece e todo perde a razón. Delirios arrepiantes dunha vella no seu leito de morte. Un calafrío que recorre o meu corpo.

Andrea  4º A


Unha morte irrelevante.
Nunha longa e húmida noite de finais de inverno, el, atopábase perdido nun souto, sabendo que ía morrer. Pouco tempo lle quedaba antes de que saíra o sol, pero era inevitable. Tras uns días, atopouno morto un leñador, del só quedaba o seu sombreiro, os seus botóns, e o seu nariz de cenoria.

Mateo


Micropoemas

Polos brillos do teu corpo .
Polos contrastes do teu pelo.
Polas sombras do teu ser.
Polo ollar desenfocado nunha noite de inverno.

Uxía


Tristura

Arrebatadoras ganas da noite,
de poder desenchufar a lúa,
chorar así ás escuras e, mentres,
asulagar as estrelas de tristura.

Sara S.