martes, 16 de maio de 2023

OBRADOIRO COA SOPRANO ESPERANZA MARA




         Co gallo do premio obtido no concurso "Cambiemos o conto" por Aroa Vicente López co seu relato "o terror de todo asasino", a Deputación agasallou ao IES de Barro cun obradoiro a cargo da artista Esperanza Mara. 
         



A actividade, que se desenvolveu o  de abril, na biblioteca do centro centrouse nunha reflexión lúdica sobre aspectos machistas presentes en letras de cancións que triunfan entre a mocidade e que o noso alumnado soubo denunciar con especial sensibilidade nos seus relatos.